MUSEO DO FERROCARRRIL
A Sede do museo do ferrocarril de Ourense atópase ubicada na antiga escola de Tracción. Entre as súas dependencias destacan a Sala do Museo, a Sala de Exposicións de maquetas, unha Sala de proxeccións, a Biblioteca, a Sala de vídeo e a Cafetería.
Nestas dependencias presérvanse e expóñense obxectos que que rememoran o pasado e presente do noso ferrocarril ( gorras, uniformes, matrículas, farois,billetes,máquinas troqueladoras,........., ).
No recinto exterior do museo podemos apreciar un sector de vía montado con tódolos instrumentos e aparellos neecesarios para a súa montaxe e mantemento así coma de diversas sinais mecáanicas (Discos, Sinais de Tope) e antigas marmitas que tiñan coma función posibilitar o cambio de agullas nos desvíos.
.
|